30/4/10

PARABÉNS PARA IKEA


O novo establecemento de IKEA na Coruña, que abrirá as súas portas no vindeiro mes de xullo, ofrecerá unha versión en galego do seu catálogo. Tamén a súa páxina web estará dispoñible na nosa lingua. Haberá que esperar ao mes de setembro (mes de cambio dos catálogos) para dispoñer da versión en galego. Loamos a súa iniciativa e animamos a todas as empresas a que sigan o seu exemplo.

28/4/10

MANIFESTO CORRELINGUA 2010

Por se aínda non estades enterados, informávosvos de que os gañadores do manifesto deste ano foron @s alumn@s do IES PORTA DA AUGA de Ribadeo. Dende aquí enviámoslles os nosos máis sinceiros parabéns.

para ver o seu traballo premede aquí.

NORABOA !!!

Os nosos parabéns aos gañadores do concurso de SMS de amor. A gañadora do premio ao SMS máis orixinal é Genma Moreda Mariño (1º ESO B). Esta foi a súa mensaxe:

1+1 son 2 ollos nos q m perdo
2+2 " 4 bicos q ch dou
4+4 " 8 letras d 1 t quero
8+8 " 16 bagoas q choro
E o = é 1 irrompible

E o gañador do premio ao SMS máis divertido é Cristian García Rodríguez (Bacharelato Adultos). Este é o seu SMS:

O meu amor latexa por ti coma as vacas cando turran contra as súas comedeiras.

27/4/10

O NOSO AGRADECEMENTO



O ENDL quere agradecer aos alumnos de 1º, 2º, 3º e 4º ESO que participaron na gravación do programa BEN FALADO da TVG a súa colaboración e o seu entusiasmo.

Aínda que tod@s estaban moi nerviosos e preocupados xa que era a 1ª vez que se poñían diante dunha cámara, o resultado foi moi bo. Tod@s se defenderon perfectamente e explicaron de marabilla en que consistían as actividades das Árbores Políglotas, o concurso de SMS de amor e os alcumes.

Como o prometido é debeda, seredes os primeiros en coñecer a data de emisión dos programas,

Moitas grazas pola vosa colaboración!!!

8/4/10

PROMOCIONA A TÚA VILA


O Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística (ENDL) do IES de Foz convoca un concurso para promocionar o concello de Foz.

Trátase de facer unha reportaxe sobre Foz para salientar os principais aspectos da súa paisaxe, economía, costumes, festas, tradicións… Poderase tamén realizar entrevistas a xente da vila implicada dalgún xeito na vida cultural ou coñecedora dos costumes, forma de vida, tradicións …

BASES


1- Poderán participar tod@s @s alumn@s do IES.
2- Os traballos poderánse presentar en formato dixital (vídeo, PowerPoint...)

3- Os traballos poderán ser enviados á seguinte conta de correo: actividadesfoz@gmail.com ou entregalos en man a calquera membro do ENDL
4- Xunto co traballo incluirase o nome e apelidos d@ participante e o curso/grupo ao que pertence.
5- O prazo de presentación dos traballos rematará o 26 de abril (luns)
6- O xurado estará composto por profesorado das materias de plástica e de informática

7- Haberá un único premio para o traballo mellor valorado. O premio consistirá nun vale de compra de 50 €

Os traballos serán colgados no blogue do equipo e no da biblioteca (xameentendes.blogspot.com, chavedasnoces.blogspot.com) e en YouTube (no caso dos vídeos)

O fallo do xurado farase público no blogue do equipo e no da biblioteca na última semana de abril.

CONCURSO DE LOGOS


O Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística (ENDL) do IES de Foz convoca un concurso de logotipos que o identifique e que dalgunha maneira transmita o significado do que representa o equipo.

BASES
1- Poderán participar tod@s @s alumn@s do IES.
2- Cada alumn@ poderá presentar ata tres logos.
3- O logo deberá conter as siglas ENDL
4- Os traballos poderánse presentar en calquera formato
5- Os traballos poderán ser enviados á seguinte conta de correo: actividadesfoz@gmail.com ou entregalos en man a calquera membro do ENDL
6- Xunto co logo incluirase o nome e apelidos d@ participante e o curso/grupo ao que pertence.
7- O prazo de presentación dos traballos rematará o 26 de abril (luns)
8- O xurado estará composto por profesorado das materias de plástica.
9- Haberá un único premio para o traballo mellor valorado. O premio consistirá nun vale de compra de 20 €


Os traballos serán colgados no blogue do equipo (xameentendes.blogspot.com), onde todo o alumnado poderá manifestar a súa opinión sobre eles. Estas opinións serán tidas en conta polo xurado.

O fallo do xurado farase público no blogue do equipo e no da biblioteca na última semana de abril.

O logo seleccionado empregarase como identificativo do ENDL.


ANIMÁDEVOS E PARTICIPADE!!!

7/4/10

PEP BRUNO E MARIONA CABASSA GAÑAN O III PREMIO INTERNACIONAL COMPOSTELA COA OBRA “LA FAMILIA C”


A obra titulada “La Familia C”, con texto de Pep Bruno (Barcelona, 1971) e ilustracións de Mariona Cabassa (Barcelona, 1977), é a gañadora do III Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados. O galardón, cunha dotación de 12.000 euros, conleva a publicación do libro en galego, castelán, catalán, euskera e portugués. Os traballos do catalán Raimon Juventeny Corberó, “Manual del buen paseante. Descripción en veinte puntos”, e da arxentina Vanina Soledad Starkoff, “Bailar en las nubes”, son os finalistas do certame.
O fallo do III Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado marca o inicio da X Campaña de Animación á Lectura que organizan o Departamento de Educación do Concello de Santiago e KALANDRAKA, en colaboración coa Galería Sargadelos. Co lema “Un gran soño”, a campaña vólcase un ano máis en desenvolver actividades dirixidas a pre-lectores, escolares, educadores, bibliotecarios e promotores de lectura, público familiar e, por primeira vez, futuros creadores artísticos. Ata o 22 de maio, o programa ofrece sesións de contos e música, visitas guiadas á exposición de ilustracións e obxectos artísticos, obradoiros de escrita creativa e de ilustración, actividades formativas para o profesorado, encontros con ilustradores e charlas para familias.