20/1/11

SENADORAS DO PP "ORGULLOSAS DE SU LENGUA: EL ESPAÑOL"

Nun día moi importante para a nosa lingua xa que por 1ª vez existía a posibilidade de usar o noso idioma no Senado, o PP sorprendeunos unha vez máis cando criamos que era imposible aldraxar máis a nosa lingua.
Dúas senadoras do PP negáronse a utilizar o galego nas súas intervencións, iso si, afirmando que "desde luego amamos a Galicia y a nuestra lengua gallega de la que nos sentimos muy orgullosas, pero vamos a utilizar el castellano". Non vos parece que a nosa lingua non necesita amantes deste tipo? Entenden estas dúas senadoras cal é o significado de sentirse orgullosas?Porque os que realmente amamos a nosa lingua e nos sentimos orgullosos dela levámola a todas partes.
Aquí tedes máis información.

ÁLBUM DO ENTROIDO


Aproxímanse as datas de celebración do Entroido e por iso vos propoñemos unha actividade que necesita da participación de todos vós e das vosas familias. Queremos facer un ÁLBUM DO ENTROIDO con fotografías de todas as épocas que recollan instantáneas da celebración da festa ao longo do tempo. Con elas faremos unha exposición que estará acompañada de pequenos textos referidos ás mesmas. Así intentaremos elaborar unha pequena historia da celebración do Entroido na nosa vila.

Agardamos a vosa colaboración.