29/4/11

PARABÉNS A BERROGÜETTO

O grupo foi galardoado cun dos Premios da Música 2011 deste ano na categoríoa de mellor canción en galego pola súa versión musicada dun poema do escritor Manuel Rivas.


28/4/11

MÁIS VALE TARDE QUE NUNCA!!!

Despois de nove meses de espera o TSXG pariu por fin a súa decisión de admitir a trámite o recurso da Real Academia contra o actual decreto do plurilingüismo. Con este son xa tres os recursos admitidos a trámite contra este decreto pola Xustiza e aínda tres están pendentes á espera de ser aceptados.
A noticia en Xornal de Galicia.