31/1/10

ROSA ANEIROS

O próximo venres, 5 de febreiro, Rosa Aneiros estará no noso centro e falará da súa obra Ás de bolboreta co alumnado de 3º Eso. Adiantámosvos algo sobre a escritora antes da súa chegada.

28/1/10

NACE NA REDE EuFalo.tv

Trátase dun documental colaborativo sobre a lingua galega e @s falantes. Se estades interesados tedes máis información aquí.

26/1/10

OS ONCE PREMIOS NACIONAIS GALEGOS PIDEN A DIMISIÓN DE ROBERTO VARELA

Pero ao conselleiro nin sequera se lle pasa pola cabeza a idea de dimitir. Será que está moi orgulloso do seu traballo dende que aterrou na Xunta de Galiza? Aquí tedes máis información.

24/1/10

AS COUSAS DE FEIJOO!!!


- "Yo defiendo que se impartan el 50% de las clases en gallego y castellano, pero sin trampa. Ahora se da todo en gallego menos una asignatura" (2 de marzo de 2008)

- "Es una manifestación [la de Galicia Bilingüe] que está dentro de nuestros planteamientos lingüísticos y me parece absolutamente razonable" (31 de enero de 2009)

- "Mi Gobierno respetará por igual los dos idiomas y también a los padres que son los que tienen legitimidad para educar a sus hijos" (25 de febrero de 2009)

- "Daremos derecho a los alumnos para comprar los libros en el idioma que quieran los padres" (26 de febrero de 2009)

- "Lo que sí va a estar es la libertad absoluta para hablar en la lengua que consideren, salvo en las clases de lengua española y de gallego" (19 de abril de 2009)

- "Quiero un país libre donde se acabe el monolingüismo y venga el bilingüismo para hablar como nos dé la gana desde las instituciones" (29 de noviembre de 2009)

REGUEIFAS COS CARUNCHOS





Este curso volveron visitar o noso centro os Carunchos e outra vez sorprenderon @s nos@s alumn@s que aprenderon a facer regueifas dunha maneira lúdica. Despois de atender ás explicacións de como se fai unha regueifa e de escoitar os Carunchos regueifar, @s alumn@s animáronse a facer as súas propias regueifas e a interpretalas diante dos seus compañeir@s. Aquí tedes algunhas imaxes do obradoiro.

"AHORA NO HAY NINGÚN PROBLEMA EN LAS AULAS"


Esta é a resposta do secretario Xeral de Política Lingüística á primeira pregunta da entrevista concedida ao Xornal El País.com. As respostas de Anxo Lorenzo son pouco concretas e nada claras. Parece que o xornalista e mais el falan dúas linguas distintas e non chegan a entenderse. Animámosvos a que o comprobedes.

MÉNDEZ FERRÍN, NOVO PRESIDENTE DA RAG

A RAG xa conta cun novo presidente: X. L. Méndez Ferrín, elixido este sábado con 20 votos a favor, tres abstencións e ningún voto en contra. Trátase do undécimo presidente da institución que vén a substituír no cargo a X. R. Barreiro.
O novo presidente sinalou entre outros aspectos que se levará a cabo a actualización do dicionario e se apartará á institución de debates como o das bases para o decreto do plurilingüismo. Ademais, lamentouse de que ningúen pensase na posibilidade de que a RAG contase cun espazo na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela.

22/1/10

MODELO DE PRESENTACIÓN DE ALEGACIÓNS AO BORRADOR DO NOVO DECRETO

Don/ Dona…………………………………………. con DI……………………….. e domicilio en………………………………………………………………………………………………………….

En relación coas Bases para a elaboración do decreto de plurilingüísmo presentado publicamente a noite do 30 de decembro de 2009, presenta as seguintes

ALEGACIÓNS

O borrador de decreto presentando na noite do 30 decembro:

1) Non garante que os estudantes finalicen cada etapa educativa coas destrezas lingüísticas tamén en galego.- Todos os informes oficiais sinalan que hai un problema para conseguir que boa parte dos rapaces e das rapazas, sobre todo nas zonas urbanas, teñan fluidez comunicativa en galego. Diminuír a presenza da nosa lingua non fará máis que agravar a situación, vulnerando o dereito do alumnado a unha educación de calidade e pondo en perigo a pervivencia da nosa cultura.

2) É unha proposta feita de costas á sociedade galega.- O presidente da Xunta sabe que non conta con ningún consenso do profesorado, o estudantado, as familias e da sociedade en xeral para este decretazo. Por iso o presentou na véspera de fin de ano, a última hora do serán, e sen que existise ningún proceso previo de diálogo nin contraste.

3) Suporá enfrontamentos nos centros.- A Xunta fai deixadez das súas funcións e traslada o problema ao profesorado, ao estudantado e ás familias, que serán parcialmente consultadas (ben tendo en conta só o criterio da maioría, sen que se saiba que pasará coa minoría que se sinta perdedora; ben dando unha opinión cada catro anos, o que significa que uns pais darán a súa consideración sobre a educación das fillas e dos fillos doutros). A política lingüística e educativa non se pode limitar á opinión que poida ter a comunidade escolar, porque nos corresponde a todas as galegas e a todos os galegos. Hai que ter presentes criterios pedagóxicos e o dereito a unha educación en igualdade.

4) É unha burla á cidadanía cando di que se vai impartir un terzo das materias en inglés, cando sabe que iso é totalmente inviábel, e sen se preocupar do fracaso escolar.- O presidente da Xunta mente conscientemente cando fala de “plurilingüismo”, pois sabe que iso é imposíbel de aplicar. utiliza o inglés para camuflar propagandisticamente o ataque contra o galego. Na verdade, os departamento de inglés non teñen un reforzo real para mellorar a aprendizaxe desta lingua e mesmo se recortan os recursos para a formación do profesorado e se reduce o número de profesores/as das escolas oficiais de idiomas. O reforzo e mellora do ensino de inglés no sistema educativo galego debe facerse con máis profesorado específico, con máis recursos e con grupos máis reducidos

5) Vulnera leis básicas aprobadas por consenso e tratados internacionais de dereitos lingüísticos.- O decreto que o Goberno galego quere impor unilateralmente vulnera a letra e o espírito da Lei de normalización lingüística (arts. 12 e 13), así como da Carta europea de linguas rexionais ou minoritarias (art. 8). Un goberno serio, cívico e responsábel cumpre as leis e os tratados internacionais de dereitos humanos e de dereitos lingüísticos.

6) Porque é unha agresión á dignidade da nosa cultura que haxa un goberno da Xunta que ande ás patadas coa lingua propia do noso país.- Temos que erguer a nosa voz con claridade e exclamar que, independentemente do idioma que falemos no noso día a día, os galegos e as galegas amamos a nosa lingua propia e queremos que non haxa políticas para discriminala, senón ao contrario: que se promova nos diferentes ámbitos, garantindo a igualdade de dereitos.

Fronte á imposición unilateral de Alberto Núñez Feijóo, reclamo que se escoite a voz das comunidades educativas. O presidente da Xunta debería lembrar que o decreto aínda en vigor contou co respaldo dos sindicatos que representan ao 90% do profesorado, a inmensa maioría das ANPAs, todas as organizacións estudantís e todos os movementos de renovación pedagóxica con actuación en Galiza. O seu decreto contra o galego, ao contrario, non xera máis que rexeitamento e preocupación.

Por todo isto

SOLICITA

A aplicación real e efectiva do decreto 124/2007 e do Plan Xeral de Normalización Lingüística aprobado por consenso e unanimidade polo Parlamento Galego.

Asdo:

Don/ Dona

MANIFESTACIÓN CONTRA O DECRETAZO

Aínda que o presidente da Xunta segue empeñado en afirmar que á manifestación "Preventiva" só acudiron catro radicais nacionalistas, a realidade é ben distinta: a maioría da sociedade galega saíu á rúa para dicir NON ao Decreto do Plurilingüismo e defender a súa lingua. As imaxes valen máis que mil palabras.





20/1/10

A IGREXA CONTRA O DECRETO DO PLURILINGÜISMO

O foro de curas galegos OBISPO ARAÚXO apoia a mobilización do xoves contra o decreto do plurilingüismo. Aquí tedes a noticia

19/1/10

RESPOSTA DA RAG ÁS BASES DO BORRADOR DO NOVO DECRETO DO PLURILINGÜISMO

INACEPTABLE, INCONSISTENTE, IRRESPONSABLE, INSOSTIBLE. Estes son os catro termos que a RAG emprega para describir o borrador do decreto do plurilingüismo que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo presentou o pasado 30 de decembro. INACEPTABLE,pois supón un claro retroceso na protección e promoción do idioma galego en relación coa lexislación vixente e co estipulado no Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega”. INCONSISTENTE legalmente xa que “o seu contido entra en contradición coa letra e o espírito da Constitución Española e do Estatuto de Autonomía de Galicia, tal e como reflicte a xurisprudencia desenvolvida nos anos posteriores á promulgación”. IRRESPONSABLE no sentido estrito de que a Xunta non asume as responsabilidades propias da Administración educativa senón que deriva a outros ámbitos gran parte das responsabilidades que lle acaen segundo as leis ás que se debe e INSOSTIBLE dende o rigor pedagóxico e sociolingüístico.
Recomendámosvos botar unha ollada á análise do borrador feita pola RAG.

CONCURSO DE COPLAS DO ENTROIDO



O Equipo de Normalización Lingüística do IES de Foz convoca o 8º Concurso de Coplas de Entroido, dirixido a todos os alumnos e alumnas do centro.

A actividade consiste en compoñer coplas populares propias do Entroido ás que lles podedes dar ritmo de rap ou calquera outro ritmo que queirades.
A copla é unha estrofa de catro versos de arte menor, con rima asonante nos pares e carácter popular. Nas de Entroido aprovéitase para peneirar aos que xa “andan en coplas” ou aínda non, para facer mofa ou escarnio, por divertimento ou para provocar.

Mira ao teu redor, olla o que pasa no mundo e arma unhas coplas en galego!!!

Animádevos e participade cos vosos compañeiros de aula compoñendo unhas boas coplas cheas de imaxinación e bo humor!!!

PREMIO: Entre os gañadores repartiranse 60 € e as súas creacións aparecerán publicadas na revista do Centro, no blogue do ENDL no blogue da biblioteca. A entrega de premios realizarase o venres, 12 de febreiro durante a xornada de celebración do entroido.
Tod@s os que queirades poderedes interpretar as vosas composicións.

DATA DE ENTREGA: Os traballos poderanse entregar ata o mércores día 10 de febreiro de 2010 na biblioteca ou a calquera dos profesores do Equipo de Normalización Lingüística.

Uxío Cerecedo
Ánxeles Peláez
Fefi Xove

12/1/10

ADIVIÑA, ADIVIÑANZA

Seredes quen de adiviñar quen pronunciou estas palabras hai tan só ano e medio?"Temos un decreto do 50% (das materias) como mínimo e creo que esa debía ser unha prioridade, que se aplique, porque de feito xa está aprobado, polo que non habería que crear unha nova norma, só aplicalo, que se aplique con rigor e seriedade, simplemente iso" "A ideoloxía do bilingüismo harmónico supón unha negación da planificación como instrumento real e práctico de transformación da realidade lingüística galega". A solución aquí