19/1/10

RESPOSTA DA RAG ÁS BASES DO BORRADOR DO NOVO DECRETO DO PLURILINGÜISMO

INACEPTABLE, INCONSISTENTE, IRRESPONSABLE, INSOSTIBLE. Estes son os catro termos que a RAG emprega para describir o borrador do decreto do plurilingüismo que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo presentou o pasado 30 de decembro. INACEPTABLE,pois supón un claro retroceso na protección e promoción do idioma galego en relación coa lexislación vixente e co estipulado no Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega”. INCONSISTENTE legalmente xa que “o seu contido entra en contradición coa letra e o espírito da Constitución Española e do Estatuto de Autonomía de Galicia, tal e como reflicte a xurisprudencia desenvolvida nos anos posteriores á promulgación”. IRRESPONSABLE no sentido estrito de que a Xunta non asume as responsabilidades propias da Administración educativa senón que deriva a outros ámbitos gran parte das responsabilidades que lle acaen segundo as leis ás que se debe e INSOSTIBLE dende o rigor pedagóxico e sociolingüístico.
Recomendámosvos botar unha ollada á análise do borrador feita pola RAG.

No hay comentarios:

Publicar un comentario