22/10/10

NÓS E OS LIBROS


Con motivo da celebración do ano do Libro e a Lectura, o EDLG do IES de Foz convoca o concurso de fotografía Nós e os libros.

BASES

1- Poderán participar tod@s @s alumn@s do centro.

2- O tema das fotografías xirará arredor do libro e a lectura.

3- As fotografías, en branco e negro ou en cor, enviaranse a: xameentendes@gmail.com, facendo constar o nome e apelidos d@ alumn@, o curso e grupo ao que pertence.

4-Cada alumn@ poderá participar cun máximo de tres fotografías.

5- Haberá dúas categorías:
- ESO e Ciclos Medios
- Bacharelato e Ciclos Superiores

6- Prazo de entrega do 25 de outubro ao 12 de novembro.

7- O xurado estará formado por profesorado dos Departamentos de Debuxo e do EDLG. O fallo publicarase no blog www.xameentendes.blogspot.com a partir do 17 de novembro. As fotografías publicaranse no blog do equipo e da biblioteca e con elas realizarase unha exposición no centro.

8- Establécense os seguintes premios para cada unha das categorías:
- Primeiro premio: 30€ (vales de compra)
- Segundo premio: 20€ (vales de compra)

9- Entrega de premios: os premios aso gañadores entregaranse nun acto público en día e hora que previamente se anunciará.

2 comentarios:

  1. Anónimo12/02/2010

    nn se sabe ainda quen gañou¿

    ResponderEliminar
  2. Pois non, a cousa está un pouco complicada. Estade atent@s ao blog e ao taboleiro do Equipo porque axiña aparecerá o nome d@s gañadores-as.

    ResponderEliminar